![]() |
|
Spaces home Aires da miña TerraPhotosProfileFriendsMore ![]() | ![]() |
|
Aires da miña TerraA nosa voz pregoa a redenzón da boa Nazón de Breogán
4/7/2007 Enquisa a Javier Alfaya, escritor e xornalista"O centralismo delirante, borbónico, que vén do século XVIII, xa non serve"Javier Alfaya naceu en Baiona (1939) pero é un deses galegos de fóra. Membro do PCE durante o franquismo, e logo de IU, ten unha cumprida traxectoria profesional como xornalista. Redactor das revistas Triunfo, Mundo Obrero ou La Calle, foi colaborador de El País, Letra Internacional, Cuadernos para el Diálogo e Revista de Occidente, hoxe é colaborador de Galego de fóra e internacionalista convencido, Javier Alfaya fala dende a experiencia profesional e política que dan os anos e o temperado fracaso da utopía. En Compostela, convidado polo Club Internacional de Prensa, reflexiona sobre a cultura en tempos de globalización, advirte de que Iraq non vai ser o derradeiro troupeleo dun Imperio que se esboroa e aproveita a estadía no país para apertar os amigos. A Xosé Manuel Beiras e a Isaac Díaz Pardo saúdaos en galego, aínda que logo se pase ao castelán para a conferencia porque en Madrid, concede, "practica pouco". Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Quico López. Encetou a súa conferencia cun agoiro: prepárense, o Imperio está para caer. Por qué se invadiu entón Iraq?Un informe do Pentágono recoñece que Sadam non tiña relación con Al QaedaUn informe de 120 páxinas elaborado polo propio Pentágono recoñece que non hai probas para establecer ligazóns entre o réxime de Sadam Hussein e a organización Al Qaeda. A conclusión é o resultado dos interrogatorios ao ex lider iraquí e dos numerosos documentos oficiais estudados logo da invasión. O relatorio foi feito público grazas ás xestións do senador demócrata Carl M. Levin, presidente do comité dos Servizos Armados do Senado.
3/24/2007 AusenteBoas xente! Levo xa unha boa tempada sen pasar por aquí.
O caso é que estou sen computador e ando liado pola semana, de xeito que non teño tempo de atender a todo. Seguirei sen pasar moito por aquí nunha tempada e/ou reducirei o número de artigos...
Agora traslado a miña principal actividade la Blogoteca: Sempre en Galiza 3/13/2007 Flandres defende a súa culturaFlandres insiste en que o neerlandés debe seguir sendo a lingua principal nas escolas "O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna", indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües. A lingua flamenga seguirá sendo a principal nas escolas de Flandres se non hai cambios na correlación actual de forzas en Bélxica. A maioría de formacións políticas de Flandres rexeitaron a proposta do Partido Socialista, maioritario en Valonia, para que se promovesen escolas bilingües, con igual peso para o francés e o neerlandés. A iniciativa propón que as primeiras escolas dese tipo se estabelecesen ao longo da fronteira lingüística entre as dúas áreas do Estado belga e que inclúan alumnos e profesorado a partes iguais de cada unha das comunidades. 3/3/2007 Os fusilamentos da Guerra Civil na GalizaAs tres universidades galegas elaboran un detallado mapa dos fusilamentos da Guerra CivilAs tres universidades galegas emprenderon un estudo conxunto, pioneiro en España pola súa metodoloxía, para elaborar un mapa cos nomes das vítimas e lugares dos fusilamentos entre o 1936 e o 1939 e reunir as voces de 300 represaliados ou familiares que estará rematado no 2007.O coordinador do estudo para a provincia de Ourense, Xulio Prada, explicou a EFE que o proxecto é "moi ambicioso" e o mapa non estará elaborado a mediados do ano 2007, como se prevía, "xa que a intención é recoller 300 testemuños en toda Galiza e entrar en tódalas causas militares arquivadas en Ferrol". En relación aos fusilados en Galiza, Prada indicou que hai disparidade de cifras que oscilan entre 4.500 e 10.000 persoas "debido á dificultade do concepto de vítima, xa que inclúe contar, por exemplo, a un asturiano que foi fusilado en Ourense, pero tamén aos galegos fusilados no resto do Estado". Nese senso, o historiador estimou entre 4.500 e 7.000 os fusilados en Galiza, case todos entre 1936 e 1939. Segundo Prada, a represión en Galiza tivo como característica diferenciadora do resto de España: "a gran dispersión dos cadávres, xa que nunca se atopan máis de cinco nun mesmo lugar, agás en Ferrol, onde houbo fusilamentos de até 24 persoas xuntas nos primeiros meses, debido á gran resistencia obreira existente e á falta de espazo para recluír aos detidos, polo que se habilitaron barcos como centros de prisión". O mapa en proceso de elaboración, recollerá lugares "moi coñecidos polos veciños e a algúns até lles puxeron nome e apelido, como ocorre co Arca Aberta situada preto de Vilariño Frío e na que mataron a catro líderes comunistas e mestres". Xustiza en galegoPropoñen que se introduza unha materia de lingua galega en Dereito O deputado do BNG Bieito Lobeira pediu que se tomen medidas para garantir a defensa dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza, como a implantación da materia de Galego nas facultades de Dereito do país. Lobeira considera que os maxistrados que descoñecen e mesmo desprezan o idioma non poden impartir Xustiza en Galiza. O parlamentario nacionalista cita o caso do xuíz decano do Xulgado do Social número 3 da Coruña, que se amosou publicamente contrario ao uso da nosa lingua en varias ocasións. Na iniciativa parlamentar, solicita que a Secretaría Xeral de Política Lingüística faga unha avaliación da situación e explique que medidas vai tomar para resolvela. 3/2/2007 O himno galego non data de 1907, senón de 1896'Que din os rumorosos' xa soaba con música no século XIXNo Congreso que está a ter lugar estes días na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, acábase de revelar un novo dato sobre o himno: os actos céntranse en homenaxear a Pascual Veiga no centenario da estrea da versión musical, pero o musicólogo Fernando López Acuña descubriu que realmente non se produciu en 1907, senón xa no 1896.
O Congreso "Pascual Veiga e a súa época" está a celebrarse do 1 ao 3 de marzo na EAEM, organizado pola Consellería de Cultura,
con motivo do centenario da estrea do himno musicado por Pascual Veiga.
Pero xa na primeira xornada sóubose que o centenario non é tal, senón
que son xa 111 anos os que se fan deste fito: Fernando López-Acuña,
membro do grupo de investigación, obtivo datos que refutan a hipótese
da estrea na Habana en 1907. Non se saben a data e o lugar exacto, pero
segundo as informacións publicadas e partituras dos orfeóns da época, o
himno tal e como o coñecemos xa era tocado no 1896: a prensa
especializada recolle a polémica que xurdiu nun certame de Lugo,
despois de que o Orfeón do Centro Galego de Madrid dirixido por Veiga o
perdese. O Orfeón emprega a letra do poema de Pondal para defenderse
"máis só os iñorantes, e feridos e duros,/ imbéciles e escuros/ non nos
entenden, non". Outros vestixios sitúan a composición do mindoniense en
mans do Orfeón madrileño El Eco. Autodeterminazón dos indíxenas bolivianosBolivia podería recoñecer o dereito dos indíxenas á autodeterminación O goberno de Bolivia está decidido a que a nova Constitución recolla o dereito á autodeterminación dos pobos indíxenas. A proposta foille entregada á Asemblea Constituínte, encargada de redactar a Carta Magna. O documento Propostas do poder executivo á Asemblea Constituínte para a elaboración da nova Carta Magna de Bolivia contempla o recoñecemento a que "os pobos indíxenas e orixinarios recuperen o seu dereito á autodeterminación". O informe do goberno que dirixe Evo Morales foi entregado á axencia EFE polo presidente dunha das comisións que están a traballar na redacción da Constitución. No capítulo correspondente ás autonomías, o Executivo sinala que "os dereitos de autodeterminación e autogoberno se exercen a través da capacidade de autonomía dos pobos e comunidades", e suxire que os indíxenas recuperen o seu "papel protagonista". Dereito a veto no seu territorio "As autoridades dos pobos indíxenas teñen personalidade xurídica de orde constitucional. O seu recoñecemento corresponde a cada pobo e comunidade segundo os seus usos e costumes, sen que se lles requira ningún trámite adicional ante outra entidade", salienta o informe. Ademais, segundo este, "terán dereito a que se lles consulte sobre a exploración e explotación de recursos no seu territorio, e, incluso, o dereito ao veto". Porén, aclara que os procesos de descentralización non poden pór en risco a cohesión de Bolivia. Función social da propiedade privada Por outra banda, o documento recolle a posibilidade de que o Estado sexa o propietario de todas as terras e recursos naturais. Tamén propón que a Igrexa católica perda os seus privilexios de relixión oficial e que as chamadas "organizacións sociais" -a maioría unidas no Movemento Ao Socialismo, MAS- integren un "órgano constitucional autónomo, que controle as actuacións e a xestión do poder público". Respecto á propiedade privada, esta queda garantida "sempre que cumpra unha función social e que a súa adquisición ou tenza non sexa produto de feitos ou actos de corrupción". Outro pao máis nos fuciños dos galegosEstrano desaire do ministro Sevilla a Anxo QuintanaVinte e catro horas despois de que o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla (PSOE), e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana (BNG), se reuniran en Madrid para abordar a situación competencial de Galiza e marcar unha folla de ruta respecto a posibles traspasos que o Goberno central lle podería facer á comunidade nun futuro próximo, o representante estatal lanza unha advertencia ante as informacións que se publicaron na prensa onte sobre o positivo resultado de dita xuntanza.“Durante a reunión que mantiven con Anxo Quintana non se acordou a transferencia de ningunha nova competencia a Galiza e moito menos da de Salvamento Marítimo”, apuntou Jordi Sevilla. O ministro afanouse onte, en declaracións ós medios de comunicación en Madrid, en deixar claro que o único que se acordou na xuntanza foi poñer en marcha un grupo de traballo para estudar “a viabilidade ou non” de aprobar o traspaso de novas competencias a Galiza, polo que “extraer calquera outra conclusión é prematuro”. Así mesmo, aproveitou para matizar tamén que se adoptou a decisión de crear un grupo de traballo para “estudar a posibilidade de reforzar” a Comisión Bilateral Galiza-Estado, pero que aínda non se fixaron contidos nin se estableceu cál será a composición deste órgano. Non obstante, o ministro cre que, con estas dúas decisións, se deron “pasos moi importantes para fortalecer o autogoberno de Galiza”. Esta versión da reunión non casa, non obstante, coa amosada por ambos os políticos antonte na capital española tras concluír a xuntanza. Desde a Vicepresidencia, aseguraron que o ministro se comprometera a transferir, este mesmo ano, as competencias en Salvamento Marítimo; Inspección de Traballo; a titularidade patrimonial de bens da Tesourería da Seguridade Social; os centros de investigación do Estado con sede en Galiza; a titularidade dos arquivos históricos; a expedición do título de xestor administrativo; e o saldo da débeda de superficie da Administración central en todas as provincias. Na Radio Galega, Quintana valorou onte como “un paso importantísimo” para o autogoberno galego a reunión con Sevilla. O nacionalista dixo que “se acabou ver como Galiza sofre procesos de reconversión dos que se decata cando xa están en marcha”, xa que a constitución da Comisión Bilateral Xunta-Estado, acordada o mércores en Madrid, o impedirá, porque “Galiza terá que falar, opinar e decidir sobre o que o Estado quere facer no noso país”. Quintana defendeu que a partir de “agora imos ter un ámbito de relación bilateral onde poderemos tratar calquera programa que o Estado queira facer en Galiza”. Segundo Quintana, esta comisión terá, nun prazo de 2 a 3 meses, un novo regulamento e será o escenario tamén para a resolución de conflitos e de negociación e cooperación intelixente entre Estado e Xunta. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tamén valorou onte como “un paso adiante extraordinariamente positivo” a reunión de Sevilla e Quintana porque “se abre camiño para avanzar en diversos aspectos” e subliñou a importancia de traballar nesta relación bilateral entre Xunta e Estado para que “Galiza non quede varada no avance do autogoberno”, despois do fracaso da reforma estatutaria. Touriño resaltou que agora se abren “espazos” para ampliar as competencias de Galiza, así como para a transferencia de medios e para impulsar a presenza da comunidade nas decisións estatais. Os Barballocas, os salvadores da linguaOs superheroes do galego, contra o «mal-dito» españolUnha empresa viguesa de xestión cultural crea unha obra de monicreques para nenos, con bos que falan galego e loitan contra o malo, que se expresa en castelán
Verbalinda é unha bruxa boa que planta sementes de galego e Maldito quérelle esnaquizar o horto
| ||||||||||