Jesús 的个人资料Aires da miña Terra照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
2007/3/3 Os fusilamentos da Guerra Civil na GalizaAs tres universidades galegas elaboran un detallado mapa dos fusilamentos da Guerra CivilAs tres universidades galegas emprenderon un estudo conxunto, pioneiro en España pola súa metodoloxía, para elaborar un mapa cos nomes das vítimas e lugares dos fusilamentos entre o 1936 e o 1939 e reunir as voces de 300 represaliados ou familiares que estará rematado no 2007.O coordinador do estudo para a provincia de Ourense, Xulio Prada, explicou a EFE que o proxecto é "moi ambicioso" e o mapa non estará elaborado a mediados do ano 2007, como se prevía, "xa que a intención é recoller 300 testemuños en toda Galiza e entrar en tódalas causas militares arquivadas en Ferrol". En relación aos fusilados en Galiza, Prada indicou que hai disparidade de cifras que oscilan entre 4.500 e 10.000 persoas "debido á dificultade do concepto de vítima, xa que inclúe contar, por exemplo, a un asturiano que foi fusilado en Ourense, pero tamén aos galegos fusilados no resto do Estado". Nese senso, o historiador estimou entre 4.500 e 7.000 os fusilados en Galiza, case todos entre 1936 e 1939. Segundo Prada, a represión en Galiza tivo como característica diferenciadora do resto de España: "a gran dispersión dos cadávres, xa que nunca se atopan máis de cinco nun mesmo lugar, agás en Ferrol, onde houbo fusilamentos de até 24 persoas xuntas nos primeiros meses, debido á gran resistencia obreira existente e á falta de espazo para recluír aos detidos, polo que se habilitaron barcos como centros de prisión". O mapa en proceso de elaboración, recollerá lugares "moi coñecidos polos veciños e a algúns até lles puxeron nome e apelido, como ocorre co Arca Aberta situada preto de Vilariño Frío e na que mataron a catro líderes comunistas e mestres". 评论 (8)
引用通告此日志的引用通告 URL 是: http://galegoman.spaces.live.com/blog/cns!2441328B54CF2688!2748.trak 引用此项的网络日志
|
|
|