Jesús's profileAires da miña TerraPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
|
4/7/2007 Por qué se invadiu entón Iraq?Un informe do Pentágono recoñece que Sadam non tiña relación con Al QaedaUn informe de 120 páxinas elaborado polo propio Pentágono recoñece que non hai probas para establecer ligazóns entre o réxime de Sadam Hussein e a organización Al Qaeda. A conclusión é o resultado dos interrogatorios ao ex lider iraquí e dos numerosos documentos oficiais estudados logo da invasión. O relatorio foi feito público grazas ás xestións do senador demócrata Carl M. Levin, presidente do comité dos Servizos Armados do Senado.
3/13/2007 Flandres defende a súa culturaFlandres insiste en que o neerlandés debe seguir sendo a lingua principal nas escolas "O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna", indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües. A lingua flamenga seguirá sendo a principal nas escolas de Flandres se non hai cambios na correlación actual de forzas en Bélxica. A maioría de formacións políticas de Flandres rexeitaron a proposta do Partido Socialista, maioritario en Valonia, para que se promovesen escolas bilingües, con igual peso para o francés e o neerlandés. A iniciativa propón que as primeiras escolas dese tipo se estabelecesen ao longo da fronteira lingüística entre as dúas áreas do Estado belga e que inclúan alumnos e profesorado a partes iguais de cada unha das comunidades. 3/3/2007 Os fusilamentos da Guerra Civil na GalizaAs tres universidades galegas elaboran un detallado mapa dos fusilamentos da Guerra CivilAs tres universidades galegas emprenderon un estudo conxunto, pioneiro en España pola súa metodoloxía, para elaborar un mapa cos nomes das vítimas e lugares dos fusilamentos entre o 1936 e o 1939 e reunir as voces de 300 represaliados ou familiares que estará rematado no 2007.O coordinador do estudo para a provincia de Ourense, Xulio Prada, explicou a EFE que o proxecto é "moi ambicioso" e o mapa non estará elaborado a mediados do ano 2007, como se prevía, "xa que a intención é recoller 300 testemuños en toda Galiza e entrar en tódalas causas militares arquivadas en Ferrol". En relación aos fusilados en Galiza, Prada indicou que hai disparidade de cifras que oscilan entre 4.500 e 10.000 persoas "debido á dificultade do concepto de vítima, xa que inclúe contar, por exemplo, a un asturiano que foi fusilado en Ourense, pero tamén aos galegos fusilados no resto do Estado". Nese senso, o historiador estimou entre 4.500 e 7.000 os fusilados en Galiza, case todos entre 1936 e 1939. Segundo Prada, a represión en Galiza tivo como característica diferenciadora do resto de España: "a gran dispersión dos cadávres, xa que nunca se atopan máis de cinco nun mesmo lugar, agás en Ferrol, onde houbo fusilamentos de até 24 persoas xuntas nos primeiros meses, debido á gran resistencia obreira existente e á falta de espazo para recluír aos detidos, polo que se habilitaron barcos como centros de prisión". O mapa en proceso de elaboración, recollerá lugares "moi coñecidos polos veciños e a algúns até lles puxeron nome e apelido, como ocorre co Arca Aberta situada preto de Vilariño Frío e na que mataron a catro líderes comunistas e mestres". Xustiza en galegoPropoñen que se introduza unha materia de lingua galega en Dereito O deputado do BNG Bieito Lobeira pediu que se tomen medidas para garantir a defensa dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza, como a implantación da materia de Galego nas facultades de Dereito do país. Lobeira considera que os maxistrados que descoñecen e mesmo desprezan o idioma non poden impartir Xustiza en Galiza. O parlamentario nacionalista cita o caso do xuíz decano do Xulgado do Social número 3 da Coruña, que se amosou publicamente contrario ao uso da nosa lingua en varias ocasións. Na iniciativa parlamentar, solicita que a Secretaría Xeral de Política Lingüística faga unha avaliación da situación e explique que medidas vai tomar para resolvela. 3/2/2007 O himno galego non data de 1907, senón de 1896'Que din os rumorosos' xa soaba con música no século XIXNo Congreso que está a ter lugar estes días na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, acábase de revelar un novo dato sobre o himno: os actos céntranse en homenaxear a Pascual Veiga no centenario da estrea da versión musical, pero o musicólogo Fernando López Acuña descubriu que realmente non se produciu en 1907, senón xa no 1896.
O Congreso "Pascual Veiga e a súa época" está a celebrarse do 1 ao 3 de marzo na EAEM, organizado pola Consellería de Cultura,
con motivo do centenario da estrea do himno musicado por Pascual Veiga.
Pero xa na primeira xornada sóubose que o centenario non é tal, senón
que son xa 111 anos os que se fan deste fito: Fernando López-Acuña,
membro do grupo de investigación, obtivo datos que refutan a hipótese
da estrea na Habana en 1907. Non se saben a data e o lugar exacto, pero
segundo as informacións publicadas e partituras dos orfeóns da época, o
himno tal e como o coñecemos xa era tocado no 1896: a prensa
especializada recolle a polémica que xurdiu nun certame de Lugo,
despois de que o Orfeón do Centro Galego de Madrid dirixido por Veiga o
perdese. O Orfeón emprega a letra do poema de Pondal para defenderse
"máis só os iñorantes, e feridos e duros,/ imbéciles e escuros/ non nos
entenden, non". Outros vestixios sitúan a composición do mindoniense en
mans do Orfeón madrileño El Eco. Autodeterminazón dos indíxenas bolivianosBolivia podería recoñecer o dereito dos indíxenas á autodeterminación O goberno de Bolivia está decidido a que a nova Constitución recolla o dereito á autodeterminación dos pobos indíxenas. A proposta foille entregada á Asemblea Constituínte, encargada de redactar a Carta Magna. O documento Propostas do poder executivo á Asemblea Constituínte para a elaboración da nova Carta Magna de Bolivia contempla o recoñecemento a que "os pobos indíxenas e orixinarios recuperen o seu dereito á autodeterminación". O informe do goberno que dirixe Evo Morales foi entregado á axencia EFE polo presidente dunha das comisións que están a traballar na redacción da Constitución. No capítulo correspondente ás autonomías, o Executivo sinala que "os dereitos de autodeterminación e autogoberno se exercen a través da capacidade de autonomía dos pobos e comunidades", e suxire que os indíxenas recuperen o seu "papel protagonista". Dereito a veto no seu territorio "As autoridades dos pobos indíxenas teñen personalidade xurídica de orde constitucional. O seu recoñecemento corresponde a cada pobo e comunidade segundo os seus usos e costumes, sen que se lles requira ningún trámite adicional ante outra entidade", salienta o informe. Ademais, segundo este, "terán dereito a que se lles consulte sobre a exploración e explotación de recursos no seu territorio, e, incluso, o dereito ao veto". Porén, aclara que os procesos de descentralización non poden pór en risco a cohesión de Bolivia. Función social da propiedade privada Por outra banda, o documento recolle a posibilidade de que o Estado sexa o propietario de todas as terras e recursos naturais. Tamén propón que a Igrexa católica perda os seus privilexios de relixión oficial e que as chamadas "organizacións sociais" -a maioría unidas no Movemento Ao Socialismo, MAS- integren un "órgano constitucional autónomo, que controle as actuacións e a xestión do poder público". Respecto á propiedade privada, esta queda garantida "sempre que cumpra unha función social e que a súa adquisición ou tenza non sexa produto de feitos ou actos de corrupción". Outro pao máis nos fuciños dos galegosEstrano desaire do ministro Sevilla a Anxo QuintanaVinte e catro horas despois de que o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla (PSOE), e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana (BNG), se reuniran en Madrid para abordar a situación competencial de Galiza e marcar unha folla de ruta respecto a posibles traspasos que o Goberno central lle podería facer á comunidade nun futuro próximo, o representante estatal lanza unha advertencia ante as informacións que se publicaron na prensa onte sobre o positivo resultado de dita xuntanza.“Durante a reunión que mantiven con Anxo Quintana non se acordou a transferencia de ningunha nova competencia a Galiza e moito menos da de Salvamento Marítimo”, apuntou Jordi Sevilla. O ministro afanouse onte, en declaracións ós medios de comunicación en Madrid, en deixar claro que o único que se acordou na xuntanza foi poñer en marcha un grupo de traballo para estudar “a viabilidade ou non” de aprobar o traspaso de novas competencias a Galiza, polo que “extraer calquera outra conclusión é prematuro”. Así mesmo, aproveitou para matizar tamén que se adoptou a decisión de crear un grupo de traballo para “estudar a posibilidade de reforzar” a Comisión Bilateral Galiza-Estado, pero que aínda non se fixaron contidos nin se estableceu cál será a composición deste órgano. Non obstante, o ministro cre que, con estas dúas decisións, se deron “pasos moi importantes para fortalecer o autogoberno de Galiza”. Esta versión da reunión non casa, non obstante, coa amosada por ambos os políticos antonte na capital española tras concluír a xuntanza. Desde a Vicepresidencia, aseguraron que o ministro se comprometera a transferir, este mesmo ano, as competencias en Salvamento Marítimo; Inspección de Traballo; a titularidade patrimonial de bens da Tesourería da Seguridade Social; os centros de investigación do Estado con sede en Galiza; a titularidade dos arquivos históricos; a expedición do título de xestor administrativo; e o saldo da débeda de superficie da Administración central en todas as provincias. Na Radio Galega, Quintana valorou onte como “un paso importantísimo” para o autogoberno galego a reunión con Sevilla. O nacionalista dixo que “se acabou ver como Galiza sofre procesos de reconversión dos que se decata cando xa están en marcha”, xa que a constitución da Comisión Bilateral Xunta-Estado, acordada o mércores en Madrid, o impedirá, porque “Galiza terá que falar, opinar e decidir sobre o que o Estado quere facer no noso país”. Quintana defendeu que a partir de “agora imos ter un ámbito de relación bilateral onde poderemos tratar calquera programa que o Estado queira facer en Galiza”. Segundo Quintana, esta comisión terá, nun prazo de 2 a 3 meses, un novo regulamento e será o escenario tamén para a resolución de conflitos e de negociación e cooperación intelixente entre Estado e Xunta. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tamén valorou onte como “un paso adiante extraordinariamente positivo” a reunión de Sevilla e Quintana porque “se abre camiño para avanzar en diversos aspectos” e subliñou a importancia de traballar nesta relación bilateral entre Xunta e Estado para que “Galiza non quede varada no avance do autogoberno”, despois do fracaso da reforma estatutaria. Touriño resaltou que agora se abren “espazos” para ampliar as competencias de Galiza, así como para a transferencia de medios e para impulsar a presenza da comunidade nas decisións estatais. Os Barballocas, os salvadores da linguaOs superheroes do galego, contra o «mal-dito» españolUnha empresa viguesa de xestión cultural crea unha obra de monicreques para nenos, con bos que falan galego e loitan contra o malo, que se expresa en castelán
Verbalinda é unha bruxa boa que planta sementes de galego e Maldito quérelle esnaquizar o horto
Feijoo Presidente...O PP de Venezuela presentou a Feijóo ante os seus militantes coma presidente da XuntaAs invitacións que o Partido Popular de Venezuela enviou aos seus militantes en vésperas da visita de Alberto Núñez Feijóo a Caracas o pasado outubro presentou ó líder do PP galego coma presidente da Xunta de Galiza. Na comunicación que o partido enviou aos seus simpatizantes, o PP de España en Venezuela da a benvida a Alberto Núñez Feijóo como "Presidente de la Comunidad Autónoma de Galicia en esta su primera visita a Venezuela". Na invitación especial á recepción e ó brinde que o partido celebrou en honra de Feijóo no Teatro Rosalía de Castro da "Hermandad Gallega de Caracas", p PP venezolano engade: "Bienvenido Presidente, estás en tu casa".3/1/2007 Máis autogobernoQuintana pacta un novo modelo bilateral entre Galiza e o Estado
Galiza e o Estado terán un novo marco de relación. Logo dunha reunión en Madrid, o vicepresidente anunciou a creación dunha Comisión Bilateral Estado-Xunta e a chegada de novas transferencias, entre elas a de salvamento marítimo e inspección de traballo.
Anxo Quintana e o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, acordaron este mércores a transferencia de sete novas competencias entre as que están as de salvamento marítimo; a inspección de traballo; a titularidade dos arquivos históricos; os centros de investigación do Estado con sede en Galiza; a expedición do título de xestor administrativo; os bens reservados á Tesourería da Seguridade Social e adscritos a servizos xa transferidos e o saldo da débeda de superficie do Estado en todas as provincias galegas. Nunha conferencia de prensa posterior ao encontro, Jordi Sevilla explicou que para o traspaso constituirase antes dun mes un grupo de traballo conformado por membros dos dous gobernos. Os técnicos teñen que estudar os prazos para as transferencias. O vicepresidente galego sinalou que se estaba a dar un paso "grandísimo" en favor do autogoberno. Máis competencias Quintana explicou que o seu executivo aposta por lograr tamén nos vindeiros meses as competencias en materias como o tráfico e a seguridade vial; a xestión do dominio público marítimo-terrestres; e o da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Para o vicepresidente, o paso é especialmente importante para que Galiza, a pesar de non ter aprobado o Estatuto, poida seguir a desenvolver o seu autogoberno. Non hai que esquencer que o anuncio dunha comisión bilateral entre a Xunta e o Estado prodúcese só 48 horas despois de que se constituíra unha entre o goberno central e o catalán. Neste último caso para as transferencias do novo Estatut. Nación Mundial GalegaA "Nación mundial galega" reivindícase na rede
Aproveitando o recente debate estatutario sobre a nación galega, a asociación cultural Fillos de Galicia propón a súa definición. "O pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeográficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza", indican na web creada ao fío desta iniciativa.
"A Nación Mundial Galega é o conxunto de persoas que compartimos a mesma orixe étnica e o mesmo sentimento de sermos galegos, e que temos o mesmo idioma, o mesmo conxunto de tradicións e a mesma cultura, con independencia de onde naceramos, onde residamos, ou que documentos de identidade teñamos" recolle o manifesto presentado polo colectivo. Fillos tamén abriu en internet o espazo NacionMundial.info.
Na mesma liña, mesmo propoñen un símbolo para identificar a esta "Nación Mundial Galega", unha bandeira branca cunha dobre banda azul que, segundo explican, "representa a parte da nación que vive en Galiza e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza". Engaden tamén que as beiras negras representan "a dor, o trauma histórico. Nación Mundial GalegaA "Nación mundial galega" reivindícase na rede
Aproveitando o recente debate estatutario sobre a nación galega, a asociación cultural Fillos de Galicia propón a súa definición. "O pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeográficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza", indican na web creada ao fío desta iniciativa.
"A Nación Mundial Galega é o conxunto de persoas que compartimos a mesma orixe étnica e o mesmo sentimento de sermos galegos, e que temos o mesmo idioma, o mesmo conxunto de tradicións e a mesma cultura, con independencia de onde naceramos, onde residamos, ou que documentos de identidade teñamos" recolle o manifesto presentado polo colectivo. Fillos tamén abriu en internet o espazo NacionMundial.info.
Na mesma liña, mesmo propoñen un símbolo para identificar a esta "Nación Mundial Galega", unha bandeira branca cunha dobre banda azul que, segundo explican, "representa a parte da nación que vive en Galiza e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza". Engaden tamén que as beiras negras representan "a dor, o trauma histórico 2/28/2007 TV a nivel estatal en tódalas linguas do EstadoA Generalitat propónlle a RTVE unha canle estatal en galego, catalá e euskara
Abrolla unha nova posibilidade non só de aproveitar os recursos xa existentes senón de relanzar a aposta polas emisións en galego da RTVE. O conseller de Cultura da Generalitat propúxolle á nova dirección do ente público estatal que a TVE reserve unha das súas canles dixitais para unha programación compartida en catalá, galego e euskara.
A proposta inicial do executivo catalán era que a TVE reservase unha canle da Televisión Dixital Terrestre para a emisión en catalán. Joan Manuel Treserras, conseller da Cultura da Generalitat, departamento que xestiona ERC, explicou recentemente as negociacións iniciadas co novo presidente de RTVE, Luís Fernández. Segundo explicou, a canle podería servir para facerlle espazo á realidade plurilingüe do Estado de xeito que compartisen emisión as oficinas territoriais de Catalunya, Euzkadi e Galiza.
Potencial desaproveitado A TVE-Galicia vén realizando apenas unha desconexión de media hora ao día para a emisión do telexornal das 14 horas. Contabámoslles xa en xaneiro pasado do descenso das emisións en galego na televisión pública estatal, reducidas a apenas a cuarta parte en poucas semanas, e coincidindo co plan de saneamento deseñado pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais. Do desaproveitamento do potencial do persoal da TVE en Galicia queixábase o comité da empresa, advertindo do paradoxo de que existan corenta traballadores para realizaren un telexornal de media hora ao día. Os propios traballadores xa propuxeran tamén o aproveitamento da TDT para ampliar emisións en galego. 40 linguas en perigoConta atrás para medio cento de linguas en Rusia
Ao redor de corenta linguas minoritarias, faladas por pobos nómades da metade Norte de Rusia, están a piques de desaparecer. A educación das xeracións máis novas é a última esperanza para estes idiomas, dos máis antigos do mundo.
No Nordeste de Rusia habitan máis de corenta pobos nómades que contan con cadanseu idioma diferenciado. Mais, na actualidade, estas linguas teñen os días contados para a súa completa desaparición, segundo informa BBC Radio 4. Habitan unha extensa zona que vai dende a Península de Kola, no noroeste de Rusia, até o Mar de Chukotka, no nordeste. Algún destes pobos, con nomes como Saami, Evenk, Nganasan, Itelmen, Ulchi ou Tuvinian Todzhins, levan miles de anos a falar algúns dos idiomas máis antigos do mundo que, nalgúns casos, nin sequera teñen reflexo na escrita. Escolarización soviética Mais, os programas educativos da época soviética provocaron o principio do esmorecemento destas linguas. "Coa chegada do inicio do ano escolar, as autoridades percorrían as zonas para recrutaren aos rapaces", comenta Rodion Sulyandzige, director dun programa de apoio a estes pobos. "Non tiñan contacto coas súas familias durante todo o curso, así que rapidamente perderon a súa lingua materna, e asimilaron o ruso no seu lugar." Na maioría das tribos, a máis vella das xeracións é a única que aínda fala a súa lingua "autóctona". Ademais, nas últimas décadas moitos dos seus membros trasladáronse a vilas e cidades occidentais, deixando atrás o seu estilo de vida tradicional. Educar ás novas xeracións Vera Tuzakova, unha Selkup de Tomsk, na Siberia, di que se está a tratar de manter viva a cultura tradicional mediante a celebración de concertos e festivais. No entanto, a maior esperanza está depositada nos profesores voluntarios que dan a coñecer ás novas xeracións o idioma propio do seu pobo. Porén, non lles é doado, dada a carencia de libros e de cartos (cobran 1.300 rublos mensuais, uns 40 euros). "Mais, se lle poden ensinar aos nenos, estes pódenlle aprender aos pais, e esta sería a forma de preservar as nosas linguas maternas por un pouco máis de tempo". Grupos leonistas atacan o ensino do galegoCuestionan o ensino do galego n'O Bierzo
A Asociación Cultural Fala Ceibe d'O Bierzo denuncia un novo ataque do leonesismo cultural cara ao ensino do galego n'O Bierzo. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do galego n'O Bierzo. Un artigo de Xabier Lago Mestre. O dito artigo xornalístico indica que estes colectivos criticaron que no currículo da materia de idioma galego aparezan os seguintes obxectivos escolares: "Identificación e interpretación de rasgos culturais pola lingua galega e a cultura castelá" ou "Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua galega e maila cultura castelá". Estes grupos leonesistas rexeitan que se oculte a existencia da cultura leonesa entre eses obxectivos, ademais que se pretenda non só ensinar a lingua galega n'O Bierzo senón que tamén que se fale de "rasgos culturais" ou "elementos sociais e culturais" tansmitidos pola lingua galega. No fondo estes grupos leonesistas temen que se galeguice O Bierzo co pretexto do ensino do idioma galego. Por suposto non queren recoñecer que O Bierzo occidental comparte con Galiza a mesma historia, cultura, tradiciois e lingua dende a Idade Media ata a actualidade. As críticas do leonesismo contra o ensino do galego xa veñen de longo no tempo. Lembramos cando no 1994 arremeteron contra a Junta de Castela e León por mor das subvenciois ás Casas de León da emigración. Pois ben, aproveitaron a ocasión para atacar á vez os intentos por executar o ensino do galego n´O Bierzo. Nesta dinámica antigalega o Presidente da Casa de León en Madrid, Conde de Gaviria, declarou daquela que "andan intentando separar a O Bierzo". Máis tarde, ante o recoñecemento parcial do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León (1999), o Secretario de Conceyu Xoven -mocidade política vencellada ao Partido Unión del Pueblo Leonés (UPL)-, Abel Pardo, declarou falsidades contra o noso idioma, concretamente sobre "o expansionismo galleguista" e "a obrigatoriedade" da materia de galego (semanario Bierzo 7, maio de 1999). O leonesismo político reaccionou irado contra o galego ante a súa incapacidade para lograr o mesmo recoñecemento para o lionés. Outro exemplo máis, a proposta do Presidente do Consello Comarcal, de incluír a referencia ao galego no articulado da reforma da Lei que creou a Comarca d´O Bierzo, foi obxecto dunha campaña antigalega por parte dos grupos leonesistas (maio de 2005). O leonesismo primeiro denunciou que o ensino do galego supoñía a colonización cunha lingua allea, porque o que se usaba n´O Bierzo era unha fala lionesa, berciano-lionesa ou galego-lionesa, que formaba parte esencial do dominio idiomático ástur-lionés. Despois alegaron que se trataba de impoñer un galego padrón, "de Santiago de Compostela", negando así o dereito dos galego-bercianos a normativizar a nosa lingua propia, co resto de falantes galegos do noroeste peninsular. Logo teimaron en que non se respectaba no ensino actual do galego o dialectismo galego-berciano, ignorando que as investigaciois filolóxicas xa recoñecían a peculiaridade do galego d´O Bierzo (ver Fernández Rei, Francisco: Dialectoloxía da Lingua Galega, Xerais, 1990, que traza os lindeiros entre as falas galegas da península ibérica). Por suposto, tanto o leonesismo cultural coma o político reclaman a plena normalización da súa lingua ástur-lionesa, incluso coa declaración de oficialidade, pero negan este dereito para o idioma galego d'O Bierzo. O dito Procurador do Común de Castela e León respostou ante esas queixas das organizaciois leonesas, pola falta de ensino regrado do lionés na actualidade, que o problema está en que ningún centro pide o estudo desa lingua. Dende logo esta anomalía idiomática nada ten que ver coa situación da aprendizaxe do galego n'O Bierzo. O ensino desta materia medra paseniño con cada novo curso académico, en número de alunado, nos niveis escolares, nos centros afectados e na extensión territorial, en todo o occidente rexional. A isto habería que engadir os centros que ofertan clases de portugués no oriente berciano, curiosamente a área de tradición lingüística lionesa. O estudo do portugués fai este idioma máis coñecido e respectado n´O Bierzo, algo que prestixia indirectamente tamén ao galego polas súas semellanzas, e fomenta un maior coñecemento de ámbalas dúas linguas irmás entre a poboación. 2/23/2007 Avanza o galego na escolaPolo menos o 50% das clases impartiranse en galego o próximo cursoO galego parece ser un dos poucos puntos de unión entre os tres grupos políticos, que onte volveron acadar un consenso sobre o decreto de normalización lingüística para a promoción do galego no ensino.O texto toma como punto de partida a lei de normalización de 1983, o plan aprobado por unanimidade no 2004, o decreto de 1995 e a carta das linguas minoritarias da UE. Entrará en vigor o próximo curso e establece o mínimo de que todos os colexios -públicos, privados e concertados-, están obrigados a impartir clases en galego. En infantil o profesorado usará a lingua materna de cada alumno, pero intentará que o neno tamén adquira de forma oral e escrita o coñecemento do outro idioma. Cando a lingua materna da maioría dos escolares sexa o castelán, usarase o galego polo menos o mesmo tempo que o español, e ademais fomentarase a adquisición progresiva da lectura e a escritura en galego. No entanto, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, lembrou onte que aos nenos castelánfalantes non se lles ensinará a ler e escribir antes en galego, senón que se fomentarán as dúas aprendizaxes para que os menores teñan competencias en ambas as linguas. En primaria, a partir do próximo curso polo menos o 50% da docencia será en galego. Será obrigatorio dar nesta lingua Matemáticas, Coñecemento do Medio e Educación para a Cidadanía. En secundaria mantense esta obrigatoriedade de polo menos o 50% en galego -a situación actual é entre un 30 e un 40%-, e serán obrigatorias Ciencias dá Natureza, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación para a Cidadanía. O consello escolar completará as outras materias que se impartan en galego ata chegar ao mínimo do 50%. Bacharelato e formación profesional tamén garantirán esta porcentaxe, e nesta última recóllese que se impartan en galego os módulos relacionados coa especialidade e orientación laboral do curso. Os adultos, en galego En ensino de adultos impartirase polo menos o 50% en galego durante os primeiros niveis educativos, pero a partir de secundaria e bacharelato todas as materias impartiranse neste idioma, a excepción loxicamente das materias que teñen que ver con outras linguas. A Historia da Galiza na TVGA nosa Historia en prime timeEste domingo 25 de febreiro, ás 21.45, A TVG estrea unha nova serie documental. Ao longo de trece capítulos de media hora, poderemos percorrer o noso pasado a través do presentador Xosé Barato, que nos leva por toda Galiza e norte de Portugal e varias dramatizacións, para viaxar até o mundo castrexo ou ás loitas contra o francés. Historias de Galicia foi presentada no Club Internacional de Prensa o xoves 22 á tardiña.Neste acto participaron o director da produción, Xosé Manuel Vega, o director xerente da TVG, Xesús Iglesias, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o presidente do Consello da Cultura. A serie será emitida, nesta primeira tempada, ao longo de trece capítulos, os domingos pola noite, xusto antes da serie Libro de familia. "Trátase de cumprir a máxima de instruír deleitando", indicou o director xerente da TVG. "Non é necesario estar esperto até a madrugada para podermos gozar de produtos culturais de calidade". Nesta produción, ademais das entidades representadas, participa tamén a Consellería de Educación, malia non poder Laura Sánchez Piñón asistir ao acto. Para Xosé Manuel Vega, esta é unha "aposta televisiva por entender o noso presente a través do noso pasado". A serie ten un formato xornalístico, cun presentador que viaxa tanto xeográfica como cronoloxicamente: se cadra está no Castro de San Fins, e de súpeto aparece un castrexo correndo. "Non recibimos máis directrices cás derivadas do rigor histórico e do traballo ben feito. Esta serie non tería sido posíbel sen o equipo de profesionais e de asesores co que puidemos contar". Mestres como o propio Ramón Villares, Xosé Manuel Beiras, o presidente da RAG Xosé Manuel Barreiro, o historiador Lorenzo Fernández Prieto ou o sociolingüista Henrique Monteagudo colaboraron na documentación necesaria para elaborar esta serie. Para a secretaria xeral de Política Lingüística, cabe salientar a tarefa divulgadora deste produto xornalístico: "é importante a perspectiva de produto de servizo público, xa que a televisión é un potente axente normalizador". Ramón Villares, pola súa banda, afirmou que a perspectiva coa que se tratan os contidos nas series non é a da historia cronolóxica. "Temos tendencia a "tesaurizar" o noso patrimonio, como se fose unha cousa do pasado que cómpre conservar, pero do que se trata é de poder integrar na nosa vida cotiá o coñecemento do que fomos". O presidente do Consello da Cultura agarda que esta iniciativa sirva para "desfacer pantasmas e desprezo ao noso", e coloque no debate público as cuestións que conforman a nosa idiosincrasia. Ánxela Bugallo concordou plenamente con esta idea, e afirmou que o traballo da Consellería co Ano da Memoria enfiou esas mesmas liñas de acción: "estabelecermos un diálogo entre a nosa sociedade e a nosa terra, formularmos interrogantes, e irmos cubrindo o oco de descoñecemento sobre a nosa propia historia. O único xeito que temos de saber quen somos é saber de onde vimos". 2/21/2007 Día Internacional da Lingua MaternaA Unesco lembra a necesidade de normalizar as linguas maternas
A metade das 6.000 linguas que existen no planeta corren o risco de desaparecer. Moitos idiomas maternos continúan a ter pouco ou ningunha presenza nas escolas, nos medios ou na administración. A Unesco celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna lembrando a necesidade dun mundo plurilingüe, onde o uso de todas as linguas sexa normal. Para celebrar este día, Assia Djebar, membro da Academia Francesa dará unha conferencia na sede da Unesco en París. O título do relatorio de Djebar é "Une mère à écrire" (Escribir o materno). Tamén se celebrarán outros dous debates: "A filosofía na criba da linguaxe" e "O plurilingüismo nos países latinos". O xoves proseguirán os debates en París, nesta ocasión centrados no plurilingüismo no ciberespazo". O Día Internacional da Lingua Materna chega esta ano a Galiza cando se debate o decreto para a normalización da lingua galega no ensino non universitario. Os partidos políticos seguen a negociar os termos desta normativa, que debera tender a unha maior presenza do idioma autóctono no sistema educativo. O exército reivindica o franquismoMilitares asinan un manifesto contra gais, memoria histórica e reformas estutarias
"Non admitiremos un final deshonroso para a nosa patria (...) a unidade de España, que tantos séculos e sacrificios necesitou para consolidarse, está en serio perigo", recolle o documento. Vai asinado por militares na reserva e parentes doutros en activo, incluídos varios coroneis e capitáns do exército español. Entre outros, o texto cualifica de "gravísimo erro" as iniciativas en favor da recuperación da memoria histórica, critica a retirada en Zaragoza dun documento adicado a Franco e asegura que as ideas defendidas nese manifesto son asumidas por importantes sectores e cadros do exército.
O texto tamén inclúe abundantes referencias relixiosas e denuncia a existencia de "obras de teatro blasfemas, filmes insultantes para as nosas conciencias cristiás" ou "tertulias que fan burla da nosa fe" e "programas anticristiás". De paso, quéixanse de que "ao exército amordazárono de xeito anticonstitucional e convertérono, ademais de mudo, nun ente xordo e cego". Engaden ao respecto que calquera grupo "incluídos emigrantes ou okupas" teñen medios que "expresen as súas aspiracións ou queixas libremente". "O Estatuto catalán ofrece todos os vimbios para que nun futuro próximo o principado de Cataluña se independice", aseguran, "o mesmo camiño leva o futuro Estatuto vasco". "Despois chegarán os estatutos galegos, valencianos, mallorquinos, canarios, directamente traducidos do modelo catalán, aos que a dereita se adhire de forma suicida". Do manifesto fanse eco en diversas webs de colectivos sociais. O orixinal foi publicado no espazo Infonacional que lle fai espazo ás voces de formacións como a Falanxe ou Fuerza Nueva. 2/19/2007 Nova alarma na costa galegaO arrefriado dos fertilizantes do "Ostedijk" realizarase a 5 ó 6 millas de Estaca de BaresO buque de bandeira holandesa Ostedijk chegou á zona de abrigo determinada polo Goberno, a unhas cinco ou seis millas ao leste de Estaca de Bares, onde se procederá ao arrefriado de parte das 6.000 toneladas de fertilizantes que sofren un proceso de descomposición. |
|
|